miércoles, 26 de febrero de 2014

AXUDAS INMERSIÓN LINGÜÍSTICA INGLES VERÁN 2014


    O martes 25 de febreiro de 2014 publicouse no B.O.E. (Boletín Oficial del Estado) unha resolución do 10 de febreiro da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional y Universidades, pola que se convocan axudas para participar nun Programa de Inmersión Lingüística en inglés para o verán de 2014.


REQUISITOS XERAIS DOS SOLICITANTES:

    Poderán participar os alumnos/as que reúnan as siguientes condicións:
.- Deberán estar matriculados en centros sostidos con fondos públicos durante o presente curso 2013/14 nalgún dos seguintes cursos:  en 5 º e 6º de Ensinanza Primaria, ou 1º ESO.
.- Ter como máximo 13 anos a 31 de decembro de 2014.
.- Ter obtido, como mínimo, "notable" na nota media do curso 2012/13.
.- Ter obtido, como mínimo, "notable" como nota final na materia de inglés no curso 2012/13.
.- Non ter disfrutado destas axudas en cursos anteriores.
    O programa se desenvolverá dúas quincenas: do 29 de xuño ao 13 de xullo e do 13 ao 27 de xullo en diferentes  colonias de verán por todo o territorio nacional.
    O prazo de presentación de solicitudes é de 15 días hábiles a partir do 26 de febreiro (día seguinte da publicación da resolución) e remata por tanto o 14 de marzo (incluído).

martes, 25 de febrero de 2014

A LOMCE (Ley Orgánica para la Mejora de la Calidad Educativa)



     A controvertida Ley Orgánica 8/2013, de 9 de diciembre, para la mejora de la calidad educativa (B.O.E. do 10 de decembro de 2013), e abreviada coas siglas de LOMCE,  é unha lei que ven substituir e modificar a Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de Educación (LOE), e seis artículos e unha disposición adicional da Ley Orgánica 8/1985, de 3 de julio, reguladora del Derecho a la Educación (LODE).

    Esta lei comezará a aplicarse a partir do curso 2014/15 nos curso de 1º,3º e 5º de Educación Primaria e na Formación Profesional Básica, que substituirá aos actuais Programas de Iniciación Profesional Inicial.

INFORMACIÓN:

    No programa ORIENTALINE - tedes o enlace de acceso na columna esquerda do blog - podedes encontar información sobre as características, as modificacións e o calendario de aplicación da nova Lei de Educación.

https://www.boe.es/boe/dias/2013/12/10/pdfs/BOE-A-2013-12886.pdf

OUTROS DOCUMENTOS DE CONSULTA

* DOCUMENTO DA LOMCE NO B.O.E.

* REFORMA DEL SISTEMA EDUCATIVO ESPAÑOL: NOVEDADES Y CALENDARIO DE IMPLANTACIÓN


* ESQUEMA DA ESTRUCTURA DO NOVO SISTEMA EDUCATIVO - LOMCE




* CALENDARIO DE APLICACIÓN DA LOMCE



martes, 18 de febrero de 2014

jueves, 13 de febrero de 2014

NAVEGA CON RUMBO

http://www.edu.xunta.es/navegaconrumbo/presentacion.html

      O Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo inclúe unha serie de guías dirixidas ao alumnado, ao profesorado e ás nais e pais, ademais desta web específica e un programa de visitas aos centros escolares onde colexiad@s do CPEIG expoñen aquelas recomendacións e consellos necesarios para navegar con rumbo polo ciberespazo.

http://www.edu.xunta.es/navegaconrumbo/presentacion.html


http://www.edu.xunta.es/navegaconrumbo/naisepais.html

http://www.edu.xunta.es/navegaconrumbo/alumnado.html


http://www.edu.xunta.es/navegaconrumbo/profesorado.html

jueves, 6 de febrero de 2014

APRENDER A VIVIR NA REDE


    Na introducción da WEB de Víctor Cuevas e Antonio Omatos, xa comentada co propósito de falar da identidade dixital, eles falan da necesidade de APRENDER A VIVIR NA REDE, un medio que os menores e adolescentes deben coñecer se queren facer un uso responsable e libre da mesma.

      "Los menores deben ser conscientes de la importancia que tienen los actos en la red y la correcta gestión de su Identidad Digital,  conocer los riesgos como el ciberbullying, el grooming, etc, gestionar correctamente su privacidad  y aprender unas normas de uso de las redes sociales. Por lo tanto, cada día se hace más necesario "aprender a vivir en red".


https://sites.google.com/site/tallerid11/


    A web, polo tanto, está pensada para axudar e orientar a toda a comunidade educativa, con información e diferentes materiais e medios, na xestión adeucada da identidade dixital e no uso responsable das redes sociais por parte dos menores e adolescentes.

    Encontraremos un apartado ou sección que pretende, en concreto, identificar os principais riscos que os menores poden atopar na rede: RISCOS NA REDE
     
    Os principais riscos na rede son: Grooming Ciberbullying - Sexting - Usurpación de identidade.

     Nos seguintes enlaces hai información de cada un destes riscos e uns vídeos que resultan ilustrativos.






lunes, 3 de febrero de 2014

IDENTIDADE DIXITAL E REDES SOCIAIS CON MENORES E ADOLESCENTES - RISCOS NA REDE

    A continuación tedes unha excelente páxina web para identificar, coñecer e traballar os riscos na rede con nenos e adolescentes:

https://sites.google.com/site/tallerid11/

    IDENTIDAD DIGITAL                               RIESGOS DE LA RED

    Esta WEB, elaborada por Víctor Cuevas e Antonio Matos, ofrece documentación, materiais e diversos recursos informativos e didácticos para traballar o concepto de identidade dixital  e fomentar o bo uso das redes sociais entre adolescentes.

     A identidade dixital é o rastro ou pegada que todos os usuarios de internet deixamos na rede como consecuencia da nosa relación con outros usuarios ou coa xeración de contidos e comentarios.
    Se temos buscado o noso nome algunha vez en google, ou noutros buscadores, encontraremos información sobre nós mesmos que algunha vez temos publicado. Tamén é posible que atopemos información nosa que outros usuarios teñen “colgado” ou subido na rede: fotos, vídeos, comentarios en blogs, foros e outras redes sociais, traballos publicados... Información que ás veces non quixéramos que fora accesible a todo o mundo.
   Resulta complicado evitar que non exista rastro persoal en internet. Unha información que ten distintas procedencias:
  • Contidos dixitais como fotos en diferentes redes sociais, vídeos, presentacións subidas en diferentes lugares, documentos publicados en webs e/ou blogs personais...
  • Perfís persoais en redes sociais como faceboock, twitter, tuenti.. ou profesionais como linkedin...
  • Comentarios en blogs, foros, redes sociais, youtube, vebs, portais....
  • Contactos nas redes sociais cos amigos, profesionais, como seguidores...
  • As direccións de correo electrónico.
  • A mensaxería instantánea.
    Algunhas persoas temen pola súa privacidade e son contrarias a estar nas redes sociais. O importante é saber que o perigo non está no medio, os riscos están no uso que se faga de internet e das redes sociais. Por tanto é necesario seguir unhas normas claras de comportamento das que todos e todas somos responsables.







EL ADIVINO DE LAS REDES SOCIALES
 

  
THINK BEFORE YOU POST: PIENSA ANTES DE PUBLICAR