FORMACIÓN PROFESIONAL


ENLACES INFORMATIVOS:



FORMACIÓN PROFESIONAL
FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA (LOMCE)

Os ciclos básicos de Formación Profesional Básica teñen unha duración de dous cursos e e
stán dirixidos ao alumnado entre 15 e 17 anos que teñan cursado o primeiro ciclo de ESO e cumpran unha serie de requisitos valorados polos equipos docentes correspondentes.

 
CICLOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR DE FORMACIÓN PROFESIONAL
A Formación Profesional organízase en ciclos formativos de Grao Medio e Superior de duración variable, en función da natureza da competencia profesional buscada en cada caso e da formación precisa para adquirila.
Características xerais da formación profesional
Neste enlace tes o acceso a páxina da FP da Consellería de Educación, na que atoparás información actualizada e resposta a diversas preguntas e dúbidas sobre esta modalidade de ensinanza.

DOCUMENTO INFORMATIVO FORMACIÓN PROFESIONAL
Aquí tes un tríptico en pdf da Consellería de Educación coa información esencial e resumida sobre os ciclos de FP.

Neste enlace da Consellería tedes a descripción da cada Familia Profesional con folletos informativos individualizados de todos os Ciclos Formativos de grao medio e superior explicando: o que se aprende a facer, onde se realiza o traballo, en que posto de traballo, os módulos (materias) que compoñen o ciclo e as horas que teñen, o título que se obtén unha vez superado o ciclo e a que estudos se pode acceder.

FORMACIÓN PROFESIONAL DUAL
  A característica principal que diferencia a modalidade dual de FP do resto de modalidades de FP, é que a formación do ciclo formativo é compartida entre o centro educativo e a empresa; consiste en que a empresa lle facilita ao centro de formación os espazos, as instalacións e/ou as persoas expertas para impartir parcialmente determinados módulos profesionais. Igual que no resto de réximes e modalidades de formación profesional, a superación de todos os módulos dun ciclo formativo dá lugar ao correspondente título.
                .- Folleto informativo

INFORMACIÓN SOBRE A ADMISIÓN NOS CICLOS DE FP

           
             .- ADMISIÓN CICLOS DE GRAO MEDIO
            
             .- ADMISIÓN CICLOS DE GRAO SUPERIOR

             .- ADMISIÓN FP DUAL
            
             .- Normativa que regula a admisión en FP


CALENDARIO DE ADMISIÓN 2109/20 

OFERTA DE CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR NO CURSO 2019/20  
Este programa da CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN pretende e informar e axudar a elixir ao alumnado.
Desde os Ciclos Formativos de Grao Superior podes acceder directamente ás titulacións universitarias de GRAO sen necesidade de realizar a FASE XERAL da selectividade. Para determinados GRAOS nos que se requira unha nota de admisión máis alta será necesario que realices a FASE ESPECÍFICA das probas. Neste enlace terás a información específica sobre o acceso á universidade desde a FP de Grao Superior con explicacións sobre:
       .- Nota de admisión.
       .- Cálculo da nota media do ciclo formativo.
       .- Procedemento para mellorar a nota de admisión.
       .- Cálculo da nota de admisión.
       .- Inscrición no procedemento.         
       .- Adxudicación de prazas.
       .- Orde de prelación na adxudicación das prazas das ensinanzas universitarias de grao.
Catálogo de validacións para os técnicos superiores de FP que accedan ás novas titulacións universitarias oficiais de grao. Actualización para o curso 2018/19 e posteriores.

PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR
No seguintes enlaces encontraredes información sobre as probas de acceso a ciclos de grao medio e superior.

Aquí está toda a información e enlaces sobre as probas  para o acceso aos ciclos no curso 2020/21:

Tamén tedes a posibilidade de consultar e descargar as probas doutros anos para ver como son as probas e practicar un pouco:


No hay comentarios:

Publicar un comentario