martes, 3 de abril de 2018

CONVOCATORIA PROBAS FÍSICAS ADMISIÓN NO GRAO DE CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DEPORTE NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA - CURSO 2018-19


    Para acceder ao Grao en Ciencias da Actividade Física e Deporte que se imparte tanto na Universidade de Vigo (campus de Pontevedra) como na Universidade da Coruña (INEF), ademais de aprobar a selectividade, é necesario superar unhas probas de avaliación de aptitudes motrices.

    A Facultade de Ciencias do Deporte e da Educación Física da Universidade da Coruña xa ten aberta a inscrición para ditas probas. Na WEB da facultade xa está publicada a convocatoria das probas para este ano con toda a información sobre as mesmas. A continuación se recollen as datas de realización das probas e os prazos para facer a  solicitude e inscribirse nas mesmas:

Datas das probas:

Os prazos de matrícula para as probas específicas de acceso serán os seguintes: 

* Oportunidade do 21 de abril de 2018: prazo de inscripción nas probas do 02.03.2018 ás 14:00 h ao 28.03.2018 (ambos inclusive)  

* Oportunidade do 20 de xuño de 2018: prazo de inscripción nas probas do 08.05.2018 ás 14:00 h ao 02.06.2018 (ambos inclusive). A esta oportunidade poderán concorrer aquelas persoas que non obtiveron a cualificación de APTO na oportunidade de abril e tamén aqueloutras que por calquera circunstancia non se presentaran a esta. 

    A superación destas probas coa cualificación de apto terá validez para acceder no curso 2018/19. Tamén se conservará para os dous cursos seguintes 2019/20 e 2020/21.

.- WEB para realizar a solicitude de de inscrición on line coa documentación a presentar.
    Na PÁXINA WEB da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña, ademais doutra información sobre este grao, podedes acceder a vídeos sobre as probas específicas de acceso.

NOTA: se hai algunha dúbida ou se necesita máis información sobre a inscrición e a realización das probas poñerse en contacto co orientador.

No hay comentarios:

Publicar un comentario