viernes, 1 de diciembre de 2017

SALÓN DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA - UNITOUR 2017


    O mércores 13 de decembro de 2017, no pazo de Congresos do Mar de Vigo (rúa Beiramar), celebrarase a 12ª edición do Salón de Orientación Universitaria UNITOUR en Vigo.

     O IES do Castro xa está inscrito e asistiremos ao Salón UNITOUR, como en anos anteriores, cun grupo de alumnos/as de 2º de bacharelato, que se apuntarán previamente nas súas clases.

Horario de visita a UNITOUR:

    A visita será pola mañá e durará aproximadamente hora e media. A saída do instituto será ás 12 horas e o regreso sobre as 14 horas.

En que consiste o SALÓN UNIVERSITARIO UNITOUR?

   En Unitour estarán instalados os expositores de diversas universidades públicas e privadas con persoas que intentarán atender, asesorar e orientar aos estudantes en todo o posible sobre a súa oferta de estudos, e axudalos na elección tanto dun grao como de centro universitario. Será unha xornada de orientación universitaria e constitúe, por tanto, unha oportunidade de coñecer de primeira man a oferta das institucións universitarias presentes no evento.

Máis información

    No enlace SALÓN UNIVERSITARIO VIGO 2017 tedes información máis concreta da xornada e o listado de universidades que participan neste salón universitario. Este ano, entre outras, tamén está confirmada a presencia, entre outras, das tres universidades públicas galegas: Universidade de Vigo,  Universidade de Santiago e Universidade da Coruña. Tamén estarán presentes outras universidades públicas do resto de España como a Universidad Carlos III de Madrid e a Universidat Pompeu Fabra de Barcelona.

CENTROS PARTICIPANTES (listado completo)
Blanquerna-Universidad Ramón Llull
Centro Universitario Villanueva
CESUGA
ESADE
Escuela Superior de Cine y Audiovisuales de Catalunya
ESI Valladolid,  Escuela  Superior de Diseño
ESIC Business & Marketing School
ESNE - Escuela  Universitaria de Diseño, Innovación y Tecnología
Facultad de Turismo y Dirección Hotelera Sant Ignasi
HULT International Business School
IE Universidad
IEB
IED Madrid (Istituto Europeo di Design)
IESIDE
ISDE (Instituto Superior de Derecho y Economía)
LCI Barcelona, Escuela Superior de Diseño
Les Roches Marbella International School of Hotel Management
NEXO
Saint Louis University  Madrid Campus
Universidad Alfonso X El Sabio
Universidad Carlos III de Madrid
Universidad de Deusto
Universidad de Navarra
Universidad Europea de Madrid
Universidad Europea del Atlántico
Universidad Europea Miguel de Cervantes (UEMC)
Universidad Nebrija
Universidad Pontificia Comillas  ICAI-ICADE
Universidad Pontificia de Salamanca
Universidade da Coruña
Universidade de Santiago de Compostela
Universidade de Vigo
Universitat Pompeu Fabra Barcelona
UVIC (Universitat de Vic - Universitat Central de Catalunya)
    Esta visita en grupo está organizada desde o centro polo Departamento de Orientación en colaboración cos titores/as de 2º de Bacharelato. Os pais e nais poderán asistir libremente durante todo o día sen necesidade de inscrición previa. Durante a tarde, de 15 a 16'30 horas, a entrada será libre para todos os asistentes.
---------------------------------------------------------------------

NOTA: Sería conveniente que vos informedes previamente da oferta de cada universidade para preparar a visita con tempo e ir directamente, en primeiro lugar, aos expositores daquelas que vos interesen máis. Para acceder a esta información recordade que neste mesmo blog, na pestana UNIVERSIDADES (columna da esquerda) tedes acceso ás WEBS de todas as universidades españolas.

    Para preparar a visita deixo a continuación diversos enlaces e documentación para ampliar a información e coñecer de antemán o que pode interesar de cada universidade ou centro universitario dos presentes no salón universitario de Vigo este ano.

.- Graos e titulacións universitarias en Galicia

.- Listado das WEBS de todas as universidades públicas e privadas de España CIUG

.- Guía de universidades 2017/18: ¿Y ahora qué?

.- Graos universitarios por ramas de coñecemento - EDUCAWEB

.- Guía 2017/18 de estudios superiores y de postgrado

miércoles, 8 de noviembre de 2017

NON ALIMENTES O MONSTRO = CAMPAÑA CONTRA O BULLYING

ACABAR CO BULLYING COMEZA EN TI

    As fundacións Mutua Madrileña e ANAR elaboraron unha guía para detectar e actuar ante casos de acoso escolar e fixeron pública unha campaña co título – No alimentes al monstruo –, que pretende atallar e erradicar o ciberbullying.

    A campaña, co lema “Acabar con el bullying comienza en ti”, pretende concienciar aos alumnos, ao profesorado, e a toda a comunidade educativa, da importancia de implicarse rompendo o silencio cómplice e/ou as manifestacións de complacencia coas actitudes do acosador ou acosadores contra a persoa vítima. 

     Un programa de sensibilización e prevención con diversas medidas e medios para axudar na loita contra o acoso escolar, o bullying e o ciberbullying.

 Na seguinte WEB das fundacións promotoras da campaña encontraremos os pormenores da mesma, material de apoio e diversos estudos e manuais sobre o tema.

VÍDEO DA CAMPAÑA

MATERIAIS  DE APOIO PARA A CAMPAÑA:



Vídeo 1: Risas cómplices

Vídeo 2: Silencios cómplices

Como detectar e actuar ante o acoso escolar.

lunes, 30 de octubre de 2017

PROGRAMA ORIENTA 2017/18

   
     Xa tedes no blog o PROGRAMA INFORMÁTICO ORIENTA actualizado para o curso 2017/18 con información útil e actualizada para os estudantes de ESO, Bachillerato e Ciclos.

    Poderás acceder desde o blog á función - EL ORIENTA "ONLINE" - que permite realizar consultas directamente en internet sen necesidade de descargar o programa.  Entre outras cuestións permite realizar un cuestionario vocacional tanto para alumnado de ESO como de bacharelato que che pode axudar na elección dun bacharelato ou un ciclo de grao medio de FP se estás na cursando a ESO, ou de estudos superiores (graos universitarios, ciclos superiores de FP, etc.)  se cursas bacharelato.  

    Tamén podes consultar a oferta para este curso 2017-18 de Ciclos Formativos medios e superiores de Formación profesional, así como de estudos superiores e graos universitarios de todas las universidades españolas, coas notas de corte actualizadas e os parámetros de ponderación de cada universidade e grao, etc..
    
  Na columna esquerda de enlaces do blog tes o enlace permanente: 

  
                                                                     
   Se queres baixarte o programa completo no teu ordenador, tablet ou móvil podes facelo no seguinte enlace:     BÁIXATE O ORIENTA 2017/18
  A continuación tes indicado cunha frecha como podes descargarte o programa no antigo blog de orientación premendo en "bajar el orienta". 

jueves, 31 de agosto de 2017

AXUDAS PARA ALUMANDO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO 2017/18


    O Ministerio de Educación e Ciencia publicou a convocatoria de axudas para alumnado con necesidades de apoio educativo no curso 2017/18.
     O prazo de solicitude é do 13 de agosto ao 28 de setembro de 2017.

   No seguinte enlace coa web do Ministerio de Educación pódese realizar a solicitude mediante formulario online que deberá ser imprimido, cumprimentado e presentado no centro de estudos. Tamén se pode consultar toda a información sobre o tipo de axudas, os requisitos necesarios para optar as axudas e a documentación que é necesario presentar en cada caso. A continuación están os enlaces directos a WEB do Ministerio. 

Becas y ayudas para alumnado con necesidad específica de apoyo educativo
Curso 2017/2018
Acceso al servicio online

BECAS XERAIS PARA ESTUDOS NON UNIVERSITARIOS (BACHARELATO,FP...) CURSO 2017/18


   Convocáronse no Boletín Oficial do Estado as becas para os estudos postobrigatorios de niveis non universitarios (bacharelato, formación profesional, etc) para o curso 2017/18.


  • Plazo de presentación
    • Desde: 11 de agosto de 2017
    • Hasta: 3 de octubre de 2017

CONSULTA SOBRE AS BECAS 2017/18


Becas para estudios no universitarios
Las becas generales para estudios no universitarios se dirigen a estudiantes que en el curso 2017-2018 estén matriculados en alguno de los siguientes niveles:
  • Primer y segundo cursos de Bachillerato
  • Formación Profesional de Grado Medio y de Grado Superior
  • Enseñanzas Artísticas Profesionales
  • Enseñanzas Deportivas
  • Enseñanzas Artísticas superiores
  • Estudios religiosos superiores
  • Estudios militares superiores
  • Estudios de idiomas en Escuelas Oficiales, incluida la modalidad de distancia
  • Cursos de acceso y de preparación para pruebas de acceso a la Formación Profesional y cursos de formación específicos para acceso a Ciclos Formativos de Grado Medio y Superior, impartidos en centros públicos y privados concertados
  • Formación Profesional Básica
Nota: la beca para estudios de acceso a la universidad para mayores de 25 años deberá solicitarse en la página de beca general para estudios universitarios.

Para obtener toda la información acerca de esta convocatoria, consulte el portal de becas generales 2017 - 2018

   A solicitude pódese realizar via online rexistrándose na WEB do Ministerio de educación: 

ACCESO AO SERVIZO ONLINE

-----------------------------------------------------------------

     Para consultar sobre o tema de becas en xeral  tedes un enlace no blog na columna lateral esquerda:          BECAS E AXUDAS

lunes, 26 de junio de 2017

FP: PROCESO DE ADMISIÓN E OFERTA DE CICLOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR / CURSO 2017-18

 

    Na páxina WEB da Consellería de Educación (Formación Profesional) xa están publicados o calendario de admisión en FP como a oferta de ciclos formativos de formación profesional de grao medio e grao superior, tanto en réxime ordinario como en réxime de adultos e a distancia para o próximo curso 2017/18.

    Actualmente, a Formación Profesional pódese cursar por curso completo no réxime ordinario, na modalidade presencial - asistindo diariamente ao centro formativo - ou de xeito parcial por módulos formativos no réxime de persoas adultas, nas modalidades presencial e a distancia.



PROCESO DE ADMISIÓN FP 2017/18

    O prazo de admisión de solicitudes será: 

* Do 26 de xuño ao 4 de xullo de 2017 ata as 13 horas en período ordinario para quen cumpra os requisitos de acceso en xuño.
* Do 1 ao 8 de setembro de 2017 ata as 13 horas en período extraordinario.

    No seguinte enlace tedes todas as datas de admisión e de matrícula no caso de seren aceptados así como a normativa de admisión:


.- Calendario de admisión en FP 2017/18

.- Información xeral de admisión FP 2017/18 (WEB Consellería de Educación)

.- Admisión en Ciclos FP Grao Medio

.- Admisión en Ciclos FP Grao Superior
.- Normativa de admisión - Regulación

OFERTA DE CICLOS DE FP EN GALICIA - 2017/18

   A continuación están os enlace a WEB da Consellería de Educación na que podes descargar ou consultar a oferta de ciclos de para o curso vindeiro: OFERTA CICLOS 2017/18


   .- Oferta CICLOS FORMATIVOS clasificados por provincia e concello 2017/18

FOLLETOS INFORMATIVOS DOS CICLOS


    Neste enlace da Consellería tedes a descripción da cada Familia Profesional con folletos informativos individualizados de todos os Ciclos Formativos de grao medio e superior explicando: o que se aprende a facer, onde se realiza o traballo, en que posto de traballo, os módulos (materias) que compoñen o ciclo e as horas que teñen, o título que se obtén unha vez superado o ciclo e a que estudos se pode acceder.

   Para calquera dúbida ao respecto poñédeos en contacto co orientador.

domingo, 21 de mayo de 2017

RESUMO DATAS, INSTRUCIÓNS E CONSELLOS ACCESO Á UNIVERSIDADE 2017

   A continuación presentamos un resumo das datas máis importantes da proba de avaliación final de bacharelato (ABAU) de xuño 2017 e do proceso de solicitude de admisión e matrícula nos graos universitarios das universidades galegas. Tamén  están recollidas algunhas instrucións sobre a realización das probas e unha serie de consellos e recomendacións para a preparación e realización dos exames.

ACCESO Á UNIVERSIDADE

 É importante ter claro os diferentes procesos que deberemos realizar:

1.- En primeiro lugar temos a matrícula e a realización da ABAU (Proba de Avaliación final de Bacharelato para o Acceso á Universidade) - a selectividade propiamente dita - que é necesario aprobar na súa parte obrigatoria para solicitar posteriormente praza nun grao universitario e, una vez admitido o alumno/a, poderá matricularse no grao ou titulación universitaria oficial solicitada do sistema universitario español.
    .- Estrutura da proba ABAU.
    .- Sistema de cualificación e nota de admisión ABAU.  
    .- Presentación exemplo de cualificación e nota admisión ABAU.
    .- Parámetros de ponderación da parte voluntaria da ABAU 2017/18.
    .- Últimas notas de corte - Curso 2016/17 nas universidades galegas.
    .- Procedemento de reclamación e/ou segunda corrección das cualificacións da ABAU


2.- Unha vez aprobada a ABAU (selectividade), na convocatoria de xuño ou setembro, pódese realizar o procedemento de admisión - preinscrición - nas titulacións con límite de prazas no sistema universitario de Galicia - que funciona como un distrito único - ou noutra universidade española. Os alumnos/as que soliciten a admisión nunha titulación universitaria pública poderán ser admitidos ou non en función da nota de corte requirida, que dependerá do número de prazas ofertadas e do número de estudantes que solicitan ese grao universitario.  
    
3.- En último lugar, se un estudante resulta admitido/a para unha titulación determinada nunha universidade galega, ou noutra universidade española, deberá matricularse nos prazos establecidos según o procedemento de matrícula estipulado na universidade correspondente.

ACCESO AOS  CICLOS SUPERIORES DE F.P.

   Outra posibilidade é matricularse nun grao de formación profesional superior.  Independientemente de que se realice ou non a proba de acceso a universidade o alumando que teña aprobado o bacharelato ten acceso directo aos Ciclos Superiores de Formación Profesional.
    Para cursar un ciclo superior tamén é necesario solicitar a admisión nas datas establecidas nos centros de secundaria en que impartan estas ensinanzas.   Neste proceso de admisión a obtención de praza ou non do ciclo desexado dependerá tamén do número de prazas que se oferten e do número de persoas que estean interesadas no ciclo.  Cando exista máis demanda nun ciclo determinado que prazas ofertadas establécense uns criterios de selección.
    No seguinte enlace da Consellería de educación tedes toda a información do proceso de admisión nos Ciclos Superiores de FP: Admisión ciclos formativos de grao superior de FP.
    Para completar a información sobre todo o referido a Formación Profesional podedes consultar neste blog en: Ciclos Formación Profesional.          
=======================================

ABAU - AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA O ACCESO Á UNIVERSIDADE - XUÑO 2017 (Datas importantes)
PROCEDEMENTO ADMISIÓN E MATRÍCULA S.U.G. (Sistema Universitario Galicia)

23-26 de maio: Prematrícula ABAU na secretaría dos institutos. No IES do Castro centrarase a prematrícula o mércores  24 de maio de 9 a 14 horas. Entregarase ao alumnado un resgardo de matrícula co código de acceso á aplicación NERTA e as instrucións sobre a aplicación. Para realizar a matrícula será necesario recoller en secretaría o impreso de taxas de autoliquidación e facer o ingreso que corresponda nunha entidade bancaria. Tamén será necesario realizar o depósito do título de bacharel no momento de formalizar a matrícula das probas de selectividade ABAU.
2 de xuño: Consulta en NERTA da listaxe provisional de matriculados. Previamente, o 29 de maio, o alumnado deberá revisar no centro os datos contidos nas listaxes de matriculados por se é necesario interpoñer reclamación no caso dalgún erro.
7, 8, 9 de xuño: Realización das probas daABAU. O lugar para os alumnos/as do IES do Castro será na EU de Enxeñaría das Telecomunicacións (Comisión Delegada 21) no campus universitario As Lagoas S/N – Marcosende de Vigo. O horario dos exames podedes encontralo na WEB da CiUG no seguinte enlace:
12 de xuño: Comunicación, por correo electrónico, dos criterios específicos de avaliación de cada materia (nos LERD, Institutos e WEB da CiUG). Son moi importantes para unha posible reclamación ás notas das probas (exposición en internet).
16 de xuñoCualificacións provisionais da ABAU, difusión a través de Internet e exposición na CiUG das actas provisionais da ABAU (a partir das 20,00 horas) e envío polos responsables do soporte NERTA aos interesados, por correo electrónico, das cualificacións provisionais da ABAU.
17 a 20 xuño: Solicitudes de reclamación e segunda corrección das cualificacións da ABAU. No caso de desacordo con algunha nota deberás valorar a conveniencia de solicitar reclamación ou segunda corrección. No seguinte enlace da CiUG tedes unha explicación do proceso e das posibles consecuencias: http://ciug.gal/PDF/reclamacion17.pdf
20 xuño: Os LERD enviarán por correo aos centros de ensino secundario as Tarxetas de cualificación da ABAU.
22 xuño: fanse públicas as cualificacións despois da resolución das reclamacións e solicitudes de 2ª corrección (a partir das 13h.)
23 a 27 xuño: Solicitudes de reclamación á segunda corrección para o alumnado que non estea conforme coa cualificación.
29 xuño: Publícanse as cualificacións definitivas despois das reclamacións aos resultados da segunda corrección.
19 ao 30 xuñoSolicitude Ordinaria de Admisión (Preinscrición) para cursar ensinanzas universitarias oficiais de Grao no SUG (Sistema Universitario de Galicia). No seguinte enlace tedes a oferta de prazas en graos universitarios nas Universidades Galegas para o curso 2017/18: http://ciug.gal/PDF/triptico17.pdf
- Esta solicitude poderase facer a través da aplicación NERTA, non sendo preciso neste caso a entrega da mesma nos LERD (Lugares de Envío e Recollida de Documentación). É recomendable a aprendizaxe de uso do programa NERTA para facer as solicitudes anteriores: http://ciug.cesga.es/PDF/nertaalumnadoinstrucions.pdf
- No seguinte enlace da CiUG tes información sobre o proceso de admisión: http://ciug.gal/preins.php
11 xullo:  Preasignación de prazas para o primeiro prazo de matrícula. Publicación na CiUG e nos LERD das listaxes de admitidos e de espera. Exposición na Internet, ás 15.00 horas, das listaxes de admitidos e de espera do Primeiro Prazo de matrícula.  Envío polos responsables do NERTA aos interesados, por correo electrónico, do estado da súa matrícula.
1º PRAZO DE MATRÍCULA nas universidades galegas: do 12 ao 14 de xullo (ata 14.00 horas do día 14)
18 xullo:  Preasignación de prazas para o segundo prazo de matrícula.
2º PRAZO DE MATRÍCULA nas universidades galegas: do 19 ao 21 de xullo (ata 14.00 horas do día 21)
26 xullo:  Preasignación de prazas para o terceiro prazo de matrícula.
3º PRAZO DE MATRÍCULA nas universidades galegas: do 27 ao 31 de xullo (ata 14.00 horas do día 31)
1 setembro:  Preasignación de prazas para o cuarto prazo de matrícula.
4º PRAZO DE MATRÍCULA nas universidades galegas: do 4 ao 6 de setembro (ata 14.00 horas do día 6)
8 setembro:  Preasignación de prazas para o quinto prazo de matrícula.
5º PRAZO DE MATRÍCULA nas universidades galegas: do 11 ao 13 de setembro (ata 14.00 horas do día 6)
Procedemento de matrícula nas universidades galegas - CiUG: 
Lugares de matrícula das tres universidades galegas: http://ciug.cesga.es/lugares.php     

DOCUMENTACIÓN E MATERIAL QUE DEBES LEVAR Á PROBA
XERAL  .- DNI (Documento Nacional de Identidade) ou pasaporte.
                .- Pluma ou bolígrafo negro ou azul
ESPECÍFICA DALGUNHAS MATERIAS
* Para Matemáticas e Física deberán levar calculadora non programable.
As táboas necesarias para resolver problemas (Matemáticas, Química) serán entregadas polo tribunal cos exames, se fosen necesarias.
* Para Latín e Grego levarán dicionario.
* Para o exame de Debuxo Técnico deberán levar o material axeitado para realizar as probas
.- Lapis ou portaminas (2H e 2B), goma, escuadra/cartabón – regra, transportador de ángulos, compás (podes levar varias minas de compás preparadas). Ademais convén levar lixa para afiar, celo para fixar o papel e debuxar mellor.
Non se pode compartir o material durante os exames, tampouco o típex. 

INSTRUCIÓNS PARA A REALIZACIÓN DOS EXAMES DA ABAU 2017 - PROBLEMAS OU DÚBIDAS
.- Aos lugares de realización dos exames da ABAU non está permitida a asistencia con teléfonos móbiles nin outros dispositivos electrónicos, excepto as calculadoras non programables mencionadas. O incumprimento desta norma poderá ser motivo de medida disciplinaria.
.- Todos os alumnos/as deberán acudir a presentación o primeiro día ás 9:00 horas e logo presentarse á realización dos exercicios á hora convocada para cada un deles. (Ver o enlace dos horarios concretos de cada exame no páxina anterior)
.- No momento da presentación, o tribunal asignaralle un posto de exame a cada alumno/a, que deberá ocupar en todas as probas.
.- Ao empezar as probas, o alumnado recibirá un xogo de adhesivos de código de barras que os identifica. Estes adhesivos non deben dobrarse nin modificarse de ningún xeito. Recoméndaselle tamén que non deixen os adhesivos nas aulas nin ao alcance de persoas estrañas.
.- Os exames son anónimos e non poden asinarse nin deberán presentar marcas de ningún tipo que poidan permitir unha eventual identificación persoal.
.- Ao empezar cada unha das probas se entrega a cada estudante un caderno de exame formados por dúas follas A-3 (8 páxinas de tamaño A-4) e unha cabeceira adhesiva. O alumnado pode utilizar para redactar as respostas todas as páxinas agás a primeira. Non se poderán arrincar nin engadir follas.
.- O acceso ao aula de exame implica sempre a entrega obrigatoria do caderno de exame debidamente etiquetado, aínda que se deixase en branco. Os exames deberán entregárselle a un membro do Tribunal, esperando que este comprobe que se lle entrega no número e condicións debidas. En ningún caso se deixarán os exames enriba das mesas.

DÚBIDAS E IMPREVISTOS
Se por causa excepcional chegas tarde o primeiro día ou a algún exame, se perdes a documentación ou tes algún incidencia cos adhesivos de código de barras ponte e contacto co profesor/a do centro que vos acompañe ou co vixiante do Tribunal para comunicarlles o teu problema .

RECOMENDACIÓNS E CONSELLOS PARA A PREPARACIÓN E REALIZACIÓN DA PROBA DE SELECTIVIDADE
Antes da proba:
.- O día antes da proba o mellor que podes facer é desconectar realizando actividades lúdicas ou de lecer (ir á praia, ao cine, facer deporte ou pasear...).
.- Debes deitarte a unha hora prudente na véspera (a habitual) para chegar á proba descansado/a.
.- O día anterior deixa lista e preparada a documentación e o material necesario para realizar o exame.
.- Planifica a preparación da selectividade con tempo e non intentes estudar apresuradamente no último momento.
.- Procura chegar ao lugar do exame con certa antelación. Deberás ser puntual, e no caso de xurda algunha incidencia allea a túa vontade, segue as recomendacións do apartado anterior.
Durante a proba:
.- Le sen presas as dúas probas que che propoñen en cada exame e avalía tranquilamente cal podes facer mellor. O tempo que aparentemente perdes serve para que te tranquilices evitando cambios de opción posteriores que che farán perder aínda máis tempo.
.- Le ben as instrucións que vos dan para realizar as probas.
.- Le ben as preguntas ou demandas para comprender exactamente o que che piden.
.- É recomendable comezar o exame por aquelas preguntas e cuestións que mellor sabes.
.- Se tes algunha dúbida pregunta aos profesores/as presentes. Ademais de vixiar están tamén para axudarte.
.- Vixía as expresións e procura que sexan claras e coherentes cando respondas, organizando mentalmente ou mediante un esquema as ideas e conceptos que queres explicar.
.- Procura escribir con letra clara e lexible para o examinador e pon atención na ortografía, na sintaxe, no vocabulario...
.- Distribúe o tempo do exame calculando o que che pode levar cada exercicio e no te esquezas de deixar uns minutos ao final para repasar as túas respostas.
.- Se non te chega o tempo para realizar algún exercicio, deixa anotado un esquema para que o examinador comprobe que a sabías.
                              
WEBS E ENLACES DE CONSULTA:
                * Páxina WEB da CIUG: http://ciug.cesga.es/index.html
                * Calendario xeral ABAU 2017: http://ciug.gal/PDF/calendpabau2017n.pdf          
                * Convocatoria matrícula selectividade xuño 2017: http://ciug.gal/PDF/convabau17.pdf
                Para ampliar a información podedes consultar as últimas entradas publicadas no blog de orientación do Castro referidas á selectividade (ABAU): http://orientacastro.blogspot.com.es (etiquetas: selectividade e universidade)