lunes, 23 de mayo de 2016

RESUMO DATAS, INSTRUCIÓNS E CONSELLOS ACCESO Á UNIVERSIDADE 2016

   A continuación presentamos un resumo das datas máis importantes da selectividade (PAU) de xuño 2016 e do proceso de solicitude de admisión e matrícula nos graos das universidades galegas. Tamén  están recollidas as instrucións sobre a realización das probas e unha serie de consellos e recomendacións para a preparación e realización dos exames.

ACCESO Á UNIVERSIDADE


 É importante ter claro os diferentes procesos que deberemos realizar:


1.- En primeiro lugar está a matrícula e a realización da PAU (Proba de Acceso á Universidade) - a selectividade propiamente dita - que é necesario aprobar para solicitar posteriormente praza nun grao universitario e, una vez admitido o alumno/a, poderá matricularse no grao ou titulación universitaria oficial solicitada do sistema universitario español.

    
2.- Unha vez aprobada a selectividade, na convocatoria de xuño ou setembro, está o procedemento de admisión - preinscrición - nas titulacións con límite de prazas no sistema universitario de Galicia - que funciona como un distrito único - ou noutra universidade española. Os alumnos/as que soliciten a admisión nunha titulación poderán ser admitidos ou non en función da nota de corte requirida, que dependerá do número de prazas ofertadas e do número de estudantes que solicitan ese grao universitario.  
    
3.- En último lugar, se un estudante resulta admitido/a para unha titulación determinada nunha universidade galega, ou noutra universidade española, deberá matricularse nos prazos establecidos según o procedemento de matrícula estipulado na universidade correspondente.

ACCESO AOS  CICLOS SUPERIORES DE F.P.


   Outra posibilidade é matricularse nun grao de formación profesional superior.  Independientemente de que se realice ou non a proba de acceso a universidade o alumando que teña aprobado o bacharelato ten acceso directo aos Ciclos Superiores de Formación Profesional.

    Para cursar un ciclo superior tamén é necesario solicitar a admisión nas datas establecidas nos centros de secundaria en que impartan estas ensinanzas.   Neste proceso de admisión a obtención de praza ou non do ciclo desexado dependerá tamén do número de prazas que se oferten e do número de persoas que estean interesadas no ciclo.  Cando exista máis demanda nun ciclo determinado que prazas ofertadas establécense uns criterios de selección.
    No seguinte enlace da Consellería de educación tedes toda a información do proceso de admisión nos Ciclos Superiores de FP: Admisión ciclos formativos de grao superior de FP.
    Para completar a información sobre todo o referido a Formación Profesional podedes consultar neste blog en: Ciclos Formación Profesional.          
=======================================

SELECTIVIDADE XUÑO 2016 (Datas importantes)
PROCEDEMENTO ADMISIÓN E MATRÍCULA S.U.G. (Sistema Universitario Galicia)

24-27 de maio: Prematrícula PAU na secretaría dos institutos. No IES do Castro centrarase a prematrícula o mércores  e xoves 25 e 26 de maio de 9 a 13 horas. Entregarase aos alumnado un resgardo de matrícula co código de acceso á aplicación NERTA e as instrucións sobre a aplicación. Na WEB do instituto tedes a documentación necesaria e as taxas a pagar para matricularse nas PAU. Previamente será necesario realizar o depósito do título de bacharel. Será necesario cubrir un impreso e abonar as taxas: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2016/05/selectividade-2016.pdf.
3 de xuño: Consulta en NERTA da listaxe provisional de matriculados. Previamente, o 30 de maio, o alumnado deberá revisar no centro que os datos contidos nas listaxes de matriculados por se é necesario interpoñer reclamación no caso dalgún erro.
8, 9, 10 de xuño: Realización das probas. O lugar para os alumnos/as do IES do Castro será na Escola de Enxeñaría das Telecomunicacións (Comisión Delegada 21) no campus universitario As Lagoas S/N – Marcosende de Vigo. O horario dos exames podedes encontralo no anexo III do documento da CiUG sobre a matrícula na PAU: http://ciug.gal/PDF/convocantic2016.pdf
15 de xuño: Publicación dos criterios específicos de avaliación de cada materia (nos LERD, Institutos e WEB da CiUG). Son moi importantes para unha posible reclamación ás notas das probas (exposición en internet).
17 de xuñoCualificacións provisionais da PAU, difusión a través de Internet e exposición na CiUG das actas provisionais da PAU (a partir das 20,00 horas) e envío polos responsables do soporte NERTA aos interesados, por correo electrónico, das cualificacións provisionais da PAU
18 a 21 xuño: Solicitudes de reclamación e segunda corrección das cualificacións das PAU. No caso de desacordo con algunha nota deberás valorar a conveniencia de solicitar reclamación ou segunda corrección. No seguinte enlace da CiUG tedes unha explicación do proceso e das posibles consecuencias: http://ciug.cesga.es/reclamacion.php

21 xuño: Os LERD enviarán por correo aos centros de esnsino secundario as Tarxetas de cualificación da PAU.

23 xuño: fanse públicas as as cualificacións despois da resolución das reclamacións e solicitudes de 2ª corrección.
20 xuño a 1 xulloSolicitude Ordinaria de Admisión (Preinscrición) para cursar ensinanzas universitarias oficiais de Grao no SUG (Sistema Universitario de Galicia). No seguinte enlace tedes a oferta de prazas en graos universitarios nas Universidades Galegas: http://ciug.gal/PDF/ofertaycortes16.pdf. Esta oferta de prazas para o curso 2016/17 é provisional e está pendente de aprobación pola Conferencia General de política universitaria.
- Esta solicitude poderase facer a través da aplicación NERTA, non sendo preciso neste caso a entrega da mesma nos LERD (Lugares de Envío e Recollida de Documentación). É recomendable a aprendizaxe de uso do programa NERTA para facer as solicitudes anteriores: http://ciug.cesga.es/PDF/nertaalumnadoinstrucions.pdf
- No seguinte enlace da CiUG tes información sobre o proceso de admisión: http://ciug.cesga.es/preins.php
30 xuño: Publícanse as cualificacións despois de resolver as solicitudes de reclamación e segunda corrección.

2 xullo: Cualificacións definitivas despois das reclamacións ao resultado da segunda corrección se é o caso.
12 xullo:
- Publicación na CiUG e nos LERD das listaxes de admitidos e de espera do Primeiro Prazo de matrícula.
- Exposición na Internet, ás 18.00 horas, das listaxes de admitidos e de espera do Primeiro Prazo de matrícula.
- Envío polos responsables do NERTA aos interesados, por correo electrónico, do estado da súa matrícula.
1º PRAZO DE MATRÍCULA nas universidades galegas: do 13 ao 15 de xullo (ata 14.00 horas do día 15)
2º PRAZO DE MATRÍCULA nas universidades galegas: do 20 ao 22 de xullo (ata 14.00 horas do día 22)
3º PRAZO DE MATRÍCULA nas universidades galegas: do 27 ao 29 de xullo (ata 14.00 horas do día 29)
Procedemento de matrícula nas universidades galegas - CiUG:http://ciug.cesga.es/procedementoacceso.php
Lugares de matrícula das tres universidades galegas: http://ciug.cesga.es/lugares.php

DOCUMENTACIÓN E MATERIAL QUE DEBES LEVAR Á PROBA
XERAL  .- DNI (Documento Nacional de Identidade) ou pasaporte.
                .- Pluma ou bolígrafo negro ou azul
ESPECÍFICA DALGUNHAS MATERIAS
* Para Matemáticas e Física deberán levar calculadora non programable.
As táboas necesarias para resolver problemas (Matemáticas, Química) serán entregadas polo tribunal cos exames, se fosen necesarias.
* Para Latín e Grego levarán dicionario.
* Para o exame de Debuxo Técnico deberán levar
.- Lapis ou portaminas (2H e 2B), goma, escuadra/cartabón – regra, transportador de ángulos, compás (podes levar varias minas de compás preparadas). Ademais convén levar lixa para afiar, celo para fixar o papel e debuxar mellor.
Non se pode compartir o material durante os exames, tampouco o típex.


INSTRUCIÓNS PARA A REALIZACIÓN DOS EXAMES DA PAU 2016 - PROBLEMAS OU DÚBIDAS
.- Aos lugares de realización dos exames da PAU non está permitida a asistencia con teléfonos móbiles nin outros dispositivos electrónicos, excepto as calculadoras non programables mencionadas. O incumprimento desta norma poderá ser motivo de medida disciplinaria.
.- Todos os alumnos/as deberán acudir a presentación o primeiro día ás 9:00 horas da mañá e logo presentarse á realización dos exercicios á hora convocada para cada un deles. (Ver o enlace dos horarios concretos de cada exame no páxina anterior)
.- No momento da presentación, o tribunal asignaralle un posto de exame a cada alumno/a, que deberá ocupar en todas as probas.
.- Ao empezar as probas, o alumnado recibirá un xogo de adhesivos de código de barrasque os identifica. Estes adhesivos non deben dobrarse nin modificarse de ningún xeito. Recoméndaselle tamén que non deixen os adhesivos nas aulas nin ao alcance de persoas estrañas.
.- Os exames son anónimos e non poden asinarse nin deberán presentar marcas de ningún tipo que poidan permitir unha eventual identificación persoal.
.- Ao empezar cada unha das probas se entrega a cada estudante un caderno de exame formados por dúas follas A-3 (8 páxinas de tamaño A-4) e unha cabeceira adhesiva. O alumnado pode utilizar para redactar as respostas todas as páxinas agás a primeira. Non se poderán arrincar nin engadir follas.
.- O acceso ao aula de exame implica sempre a entrega obrigatoria do caderno de exame debidamente etiquetado, aínda que se deixase en branco. Os exames deberán entregárselle a un membro do Tribunal, esperando que este comprobe que se lle entrega no número e condicións debidas. En ningún caso se deixarán os exames enriba das mesas.

DÚBIDAS E IMPREVISTOS
Se por causa excepcional chegas tarde o primeiro día ou a algún exame, se perdes a documentación ou tes algún incidencia cos adhesivos de código de barras ponte e contacto co profesor/a do centro que vos acompañe ou co vixiante do Tribunal para comunicarlles o teu problema .

RECOMENDACIÓNS E CONSELLOS PARA A PREPARACIÓN E REALIZACIÓN DA PROBA DE SELECTIVIDADE
Antes da proba:
.- O día antes da proba o mellor que podes facer é desconectar realizando actividades lúdicas ou de lecer (ir á praia, ao cine, facer deporte ou pasear...).
.- Debes deitarte a unha hora prudente na véspera (a habitual) para chegar á proba descansado/a.
.- O día anterior deixa lista e preparada a documentación e o material necesario para realizar o exame.
.- Planifica a preparación da selectividade con tempo e non intentes estudar apresuradamente no último momento.
.- Procura chegar ao lugar do exame con certa antelación. Deberás ser puntual, e no caso de xurda algunha incidencia allea a túa vontade, segue as recomendacións do apartado anterior.
Durante a proba:
.- Le sen presas as dúas probas que che propoñen en cada exame e avalía tranquilamente cal podes facer mellor. O tempo que aparentemente perdes serve para que te tranquilices evitando cambios de opción posteriores que che farán perder aínda máis tempo.
.- Le ben as instrucións que vos dan para realizar as probas.
.- Le ben as preguntas ou demandas para comprender exactamente o que che piden.
.- É recomendable comezar o exame por aquelas preguntas e cuestións que mellor sabes.
.- Se tes algunha dúbida pregunta aos profesores/as presentes. Ademais de vixiar están tamén para axudarte.
.- Vixía as expresións e procura que sexan claras e coherentes cando respondas, organizando mentalmente ou mediante un esquema as ideas e conceptos que queres explicar.
.- Procura escribir con letra clara e lexible para o examinador e pon atención na ortografía, na sintaxe, no vocabulario...
.- Distribúe o tempo do exame calculando o que che pode levar cada exercicio e no te esquezas de deixar uns minutos ao final para repasar as túas respostas.
.- Se non te chega o tempo para realizar algún exercicio, deixa anotado un esquema para que o examinador comprobe que a sabías.
                               
WEBS E ENLACES DE CONSULTA:
               
    * Páxina WEB da CIUG: http://ciug.cesga.es/index.html
    * Calendario xeral PAU 2016: http://ciug.gal/PDF/calendariocentros2016.pdf.
    * Convocatoria matrícula selectividade xuño 2016:
                                         http://ciug.gal/PDF/convocantic2016.pdf
                       
Para ampliar a información podedes consultar as últimas entradas publicadas no blog de orientación do Castro referidas á selectividade: http://orientacastro.blogspot.com.es (etiquetas: selectividade e universidade)


miércoles, 4 de mayo de 2016

PROBA ACCESO Á UNVERSIDADE - CONVOCATORIA XUÑO 2016

    
    O tres maio de 2016 a CiUG (Comisión interuniversitaria de Galicia) publicou na súa páxina WEB - CiUG - a convocatoria anticipada e ordinaria da proba de acceso á universidade de xuño 2016.

     A continuación tedes o enlace co documento completo con toda a información:


Convocatoria de xuño: días 8, 9 e 10  
Convocatoria de setembro: días 14, 15 e 16 


    O próximo 24 de maio, ás 10 horas, convócase a todo o alumnado de 2º bacharelato no salón de actos do instituto para unha reunión informativa sobre as probas de selectividade 2016

ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES - ACCESO E ADMISIÓN CURSO 2016/17

     
    A Consellería de Educación ven de publicar no (D.O.G.) Diario Oficial de Galicia durante estes días anteriores as instruccións para o acceso e admisión do alumnado a diferentes ensinanzas e estudos superiores de Ensinanzas Artísticas para o curso 2016/17. Estas ensinanzas
    
    O alumnado deberá ter o título de bacharel ou equivalente e realizar as probas específicas correspondentes a cada tipo de ensinanza artística superior.  A continuación están recollidas as instruccións para a incripción e realización das probas para o acceso a algúns destes estudos no curso 2016/17.

    O alumnado que NON estea en posesión do título de bacharel ou equivalente, e que cumpra 19 anos en 2016, deberá realizar ademais da proba específica correspondente, unha proba de coñecementos.
       Prazo de inscrición para realizar a proba de coñecementos: do 29 de abril ao 30 de maio de 2016 na secretaría de calquera dos centros que imparta Ensinanzas Artísticas Superiores.

    A proba de acceso realizarase o día 6 de xuño, ás 9,00 horas, no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela.
 
     Por si queredes informarvos previamente das ensinanzas artísticas que se imparten en Galicia, dentro do blog tedes a información recollida no seguinte acceso: ENSINANZAS ARTÍSTICAS GALICIA.

     Estas ensinanzas forman parte das Ensinanzas de Réxime Especial. A continuación tedes o enlace ás mesmas dentro da WEB de educación da Xunta:  ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL

 
2016/17
Requisitos de acceso: Estar en posesión do título de bacharel ou equivalente e superar unha proba específica de acceso.

Prazo de inscrición para realizar a proba específica: do 29 de abril ao 14 de xuño de 2016, ambos incluídos, na secretaría da Escola Escola de Arte Dramática de Vigo. 

As probas específicas comezarán o día 29 de xuño conforme ao calendario que se estableza pola comisión de acceso na Escola Superior de Arte Dramática de Vigo

2016/17
Requisitos de accesoEstar en posesión do título de bacharel ou equivalente e superar unha proba específica de acceso.

Prazo de inscrición para realizar a proba específica: do 10 de maio ao 13 de xuño de 2016 na secretaría da Escola Superior de Conservación e Restauración de Pontevedra

As probas específicas comezarán o día 27 de xuño de 2016 conforme ao calendario que estableza a comisión de acceso da Escola Superior de Restauración e Conservación de Bens Culturais.
2016/17
Requisitos de acceso: Estar en posesión do título de bacharel ou equivalente e superar unha proba específica de acceso.

Prazo de inscrición para realizar a proba específica: do 10 de maio ao 7 de xuño de 2016 na secretaría da Escola de Arte e Superior de Deseño de Galicia elixida en primeira ou única opción. Para consultar a oferta de titulacións nas diferentes Escolas de Deseño de Galicia consultar o seguinte enlace: Oferta titulacións nas Escolas de Arte e Deseño.

As probas específicas de acceso levaranse a cabo o día 20 de xuño de 2016 na Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso a Coruña.

2016/17
Requisitos de acceso: Estar en posesión do título de bacharel ou equivalente e superar unha proba específica de acceso.
Prazo de inscrición para realizar a proba específica: do 29 de abril ao 6 de xuño de 2016 na secretaría dos Conservatorios Superiores de Música.

As probas específicas comezarán o día 20 de xuño conforme ao calendario que se estableza a comisión de acceso dos Conservatorios Superiores de Música que organizarán a distribución horaria e os espazos de actuación de cada tribunal.