jueves, 14 de abril de 2016

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA FORMARSE EN LINGUAS ESTRANXEIRAS (INGLÉS) 2016


    A Consellería de Educación publicou no D.O.G. (Diario Oficial de Galicia) do 14 marzo de 2016 a Orde pola que se convocan estas axudas para  a realización de actividades de formación en linguas estraxeiras neste ano 2016. Estas axudas están destinadas para alumnado que estean cursado ESO ou Bacharelato no curso actual en centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia.
    Para consultar a información completa ver: Orde coa convocatoria completa das axudas

REQUISITOS 

.- Poden optar a elas os alumnos e alumnas que estean cursando calquera curso de ESO ou bacharelato do instituto.
.- Deberán ter superadas todas as materias no curso pasado (2014/15).
.- Ter acadado no curso 2014/15, unha cualificación mínima de 6 tanto na ESO como no bacharelato (no caso dos alumnos de 1ºESO deberán ter un BEN de nota media no curso de 6º de Primaria).
.- Non ter concedida, neste curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.
.- Estar en posesión do DNI, NIE ou pasaporte.
.- Non estar dentro das prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

CARACTERÍSTICAS DA BECA


.- As actividades que se convocan, cuxo contido se especifica en canto a número de prazas, destino e réxime de aloxamento no anexo IV da orde, son actividades de formación para a mellora na competencia no uso da lingua inglesa.

.- O período de realización destas actividades comprenderá desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2016. As datas concretas de realización das actividades daranse a coñecer coa publicación das listaxes definitivas do alumnado seleccionado. A duración da actividade será dunha semana para bacharelato e de dúas semanas para a ESO.

.- O custo total de cada actividade inclúe: 
a) Os monitores ou monitoras que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade. 
b) Os gastos de docencia e o material escolar. 
c) As actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos. 
d) Os gastos de mantenza e aloxamento. 
e) O certificado de realización da actividade. 
f) O seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

     O prazo será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta Orde no D.O.G.
     O prazo está aberto dende o 28 de marzo ata o 29 de abril (incluído).

SOLICITUDES E PRESENTACIÓN


     As persoas que desexen optar á axuda deberán completar en liña (internet) o formulario electrónico que corresponda en función da actividade na que desexan participar, a través da aplicación dispoñible desde a páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle.