martes, 29 de marzo de 2016

OFERTA UNIVERSITARIA EN GALICIA - GRAOS UNIVERSITARIOS


   Nos enlaces do cadro seguinte, pódese consultar a información concreta de todas as titulacións universitarias que se imparten actualmente no Sistema Universitario de Galicia



ENLACES DIRECTOS Á INFORMACIÓN DOS GRAOS UNIVERSITARIOS OFICIAIS DAS TRES UNIVERSIDADES GALEGAS 

TITULACIÓNS PROPIAS DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA

    Estes títulos carecen dos efectos que as disposicións legais lles outorgan aos títulos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional, pero tratan de responder a necesidade do mercado laboral de contar con profesionais máis específicos en determinadas ramas de coñecemento:



TITULACIÓN CON CONDICIÓNS ESPECIAIS DE ACCESO
 
Centro Militar da Defensa na Escola Militar de Marín

Proceso de ingreso
    Para acceder á titulación ofertada polo Centro Universitario da Defensa de Marín (Escola Naval Militar) pode informarse nas delegacións e subdelegacións provinciais do Ministerio de Defensa. Ademais de ter aprobadas as PAU é necesario cumprir os requisitos establecidos para formar parte das Forzas Armadas e superar unhas probas específicas.

SERVIZOS DE INFORMACIÓN, ORIENTACIÓN E ASESORAMENTO PARA NOVOS ESTUDANTES DAS UNIVERSIDADES DE GALICIA

Universidade de Vigo
SIE: Servizo de información, orientación e promoción do estudante


Universidade de Santiago de Compostela


Universidade da Coruña
SAPE: Servizo de asesoramento e promoción do estudante



martes, 15 de marzo de 2016

CONVOCATORIA PROBAS FÍSICAS ADMISIÓN GRAO DE CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DEPORTE - UNIVERSIDADE DE VIGO (Campus Pontevedra) - CURSO 2016-17

     
Video Demostrativo das Probas Físicas de Acceso ao Grao en CCAFD de Pontevedra

     Para acceder ao Grao de Actividades Físicas e Deporte que se imparte na Universidade de Vigo (campus de Pontevedra) - ou na Universidade da Coruña (INEF) - ademais de aprobar a selectividade, é necesario superar unhas probas físicas de aptitude.

    Na WEB da Facultade de Ciencias de Educación e do Deporte xa están publicadas as datas de solicitude e do día da proba:


PROBA MAIO-XUÑO 2016
                     - Presentación de solicitudes do 10 de marzo ao 20 de abril de 2016.
                     - Realización das probas físicas:
                                       .- 1ª data: 26 de maio de 2016        
                                       .- 2ª data: 23 de xuño de 2016.
PROBA SETEMBRO 2016
                     - Presentación de solicitudes do 20 ao 27 de xullo de 2016.
                     - Realización das probas físicas:
                                       .- Data: 2 de setembro de 2016        
                                     
   Nos enlaces seguintes tedes toda a información para consultala ou descargala: convocatoria, regulamento das probas, modelos de solicitude e procedemento de pago.

ENLACE WEB DA UNIVERSIDADE DE VIGO ACTIVIDADES FÍSICAS E DEPORTE

.- Convocatoria Probas de Aptitude para o acceso ao Grao en Actividade Física e do Deporte - 2016/17

.- Reglamento Pruebas Aptitud Física en Castelán

.- Regulamento Probas Aptitude Fisica en Galego


.- MODELO_DE_SOLICITUD_EN_CASTELLANO


.- MODELO_DE_SOLICITUDE_EN_GALEGO


.- Procedemento_pago


    Nunha entrada anterior deste mesmo blog do día 25/2/2016 tamén tedes información sobre a convocatoria para realizar as probas de aptitude física para o Grao de Actividades Físicas e do Deporte do INEF da Coruña: PROBAS INEF CORUÑA 2016 

NOTA: para calquera dúbida ou para obter máis información poñédevos en contacto co orientador.