jueves, 25 de febrero de 2016

2ª FERIA ENSEÑANZAS PROFESIONALES & ARTÍSTICAS - VIGO 10/11 MARZO 2016

   O xoves 10 e o venres 11 de marzo celébrase en Vigo a 2ª Feira de Ensinanzas Profesionais e Artísiticas na Estación Marítima de Vigo. A continuación tedes o cartel cos horarios e os centros participantes. Tamén encontraredes a continuación os enlaces a WEBS de centros para consultar á información, algunha publicada anteriormente, sobre algúns destes estudos. 


 Teléfono de información 986266058

.- ENSINANZAS ARTÍSTICAS EN GALICIA - CENTROS PÚBLICOS
    Recopilación de normativa, probas de acceso e oferta educativa oficial e pública con enlaces ás webs dos centros en: Ensinanzas de Artes Plásticas e Deseño (FP), Estudos Superiores de Deseño en Galicia, Ensinanzas Superiores de Arte Dramática (Vigo), Ensinanzas de Conservación e Restauración de Bens Culturais (Pontevedra), Estudos de Danza e Música.


.- OUTROS CENTROS E ESTUDOS ARTÍSTICOS - CENTROS PRIVADOS OU CONCERTADOS VIGO

    - Escuela de Imagen y Sonido de Vigo (EISV) 
    - Escuela de Artes Plásticas y Diseño de Vigo (ESAP)
    - Centro Autorizado de Artes Plásticas y Diseño - Aula D
    - Mayeusis Conservatorio das Artes: Música - Danza (Vigo)
    - Escuela Técnica de Joyería del Atlántico: Joyería - Diseño - Gemología
    - Colegio Hogar Afundación de Vigo: Artes Gráficas


.- ENSINANZAS PROFESIONAIS

    - Centro Superior de Hostelería de Galicia (Santiago de Compostela)

.- OUTRAS ENSINANZAS

    - Air-Hotess: azafatas y auxiliar de vuelo - Tripulante de cabina
    - Centro canino Brincan: Peluquería canina - Educador canino
    - Club hípico la Muralla: Equitación infantil - Hourseball

CONVOCATORIA PROBAS FÍSICAS ADMISIÓN NO GRAO DE CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DEPORTE NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA - CURSO 2016-17


    Para acceder ao Grao en Ciencias da Actividade Física e Deporte que se imparte tanto na Universidade de Vigo (campus de Pontevedra) como na Universidade da Coruña (INEF), ademais de aprobar a selectividade, é necesario superar unhas probas de avaliación de aptitudes motrices.

    A Facultade de Ciencias do Deporte e da Educación Física da Universidade da Coruña xa ten aberta a inscrición para ditas probas. Na WEB da facultade xa está publicada a convocatoria das probas para este ano con toda a información sobre as mesmas. A continuación se recollen as datas de realización das probas e os prazos para facer a  solicitude e inscribirse nas mesmas:

Datas das probas:

* 23 de abril de 2016 (prazo de de admisión para a realización das probas ata o 9 de abril inclusive)

* 20 de xuño de 2016 (prazo de de admisión para a realización das probas ata o 6 de xuño inclusive)

6 de setembro de 2016 (soamente no caso de levarse a cabo) (prazo de de admisión para a realización das probas ata o 22 de agosto inclusive)

    A superación destas probas coa cualificación de apto terá validez para acceder no curso 2015/16. Tamén se conservará para os dous cursos seguintes 2016/17 e 2017/18.

.- WEB para realizar a solicitude de de inscrición on line coa documentación a presentar.
    Na PÁXINA WEB da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña, ademais doutra información sobre este grao, podedes acceder a vídeos sobre as probas específicas de acceso.

NOTA: se hai algunha dúbida ou se necesita máis información sobre a inscrición e a realización das probas poñerse en contacto co orientador.

lunes, 15 de febrero de 2016

PROBAS ACCESO A CICLOS MEDIOS E SUPERIORES DE FP - 2016

PUBLICACIÓN DA CONVOCATORIA DAS PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR 2016
  
 Na WEB da Consellería de Educación está o enlace da Orde do 2 de febreiro de 2016 coa convocatoria das probas de acceso a ciclos de grao medio e superior, publicada no D.O.G. Diario Oficial de Galicia do 11 de febreiro de 2016.

Descargar ORDE CONVOCATORIA COMPLETA 2016



__________________________________________________________

CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR


* Prazo de inscrición e presentación de solicitudes: do 15 de febreiro ao 26 de febreiro de 2016 ambos os dous incluidos.  
* Data de realización da proba: o 20 de abril de 2016 no seguinte horario
 
PRESENTACIÓN:  
- Ás 9.00 horas

PARTE COMÚN DA PROBA:  
- Das 10.15 ás 13,30 horas: matemáticas, lingua galega e lingua española.

PARTE ESPECÍFICA DA PROBA: 
- Das 16.00 ás 18.30 horas: realización de dúas materias entre as tres específicas da opción vinculada ao ciclo formativo ao que se desexe acceder, segundo o anexo desta resolución. 

As persoas inscritas deberán presentar para a realización da proba o seu documento oficial de identidade e a copia da folla da solicitude de inscrición.

___________________________________________________________

CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO 

* Prazo de inscrición e presentación de solicitudes: do 4 ao 15 de abril ambos os dous incluidos.

* Data de realización da proba: o 25 de maio de 2016 no seguinte horario 
-  Ás 9.00 horas:  presentación.
-  Das 10.00 ás 13 horas: parte matemática (matemáticas) e parte sociolingüística (lingua castelá, lingua galega, ciencias sociais).

-  Das 16.00 ás 18.00 horas. Parte científico-técnica (ciencias da natureza e tecnoloxía).


    As persoas inscritas deberán presentar para a realización da proba o seu documento oficial de identidade e a copia da folla da solicitude de inscrición. 
____________________________________________________________

CALENDARIO COMPLETO DAS PROBAS

____________________________________________________________

Para obter MÁIS INFORMACIÓN sobre as probas preme sobre:   

 

jueves, 11 de febrero de 2016

PROGRAMA BECAS VIGO EN INGLÉS 3º ESO e 2º BACH - CONVOCATORIA 2016


    O Concello de Vigo acaba de convocar a oferta de becas de inglés no estranxeiro para estudantes de 3º de ESO e 2º de bacharelato de Vigo, un programa municipal de inmersión en lingua inglesa denominado: VIGO EN INGLÉS.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES 
    O prazo de presentación de solicitudes no rexistro xeral do Concello de Vigo (Praza do Rei s/n 36202 Vigo) será do 15 febreiro ao 26 de febreiro de 2016, ambos inclusive.

CONVOCATORIA 3º ESO
    
    A convocatoria oferta para 3º ESO ata 410 prazas neste programa de inmersión lingüísitca en inglés, un 65% para centros públicos e un 35% para centros privados concertados.   

REQUISITOS PARA ALUMNADO DE 3º ESO

Os adxudicatarios da presente convocatoria serán os alumnos e alumnas, españois ou estranxeiros con tarxeta de residencia ou de estancia por estudos en vigor, de centros educativos do Concello de Vigo sostidos con fondos públicos que cumpran os requisitos que a continuación se sinalan:

  1. Estar a cursar 3.º da ESO nun centro educativo sostido con fondos públicos do Concello de Vigo durante o curso académico 2015/2016
  2. Ter aprobadas todas as materias de 2.º de ESO.
  3. Ter obtido como mínimo unha nota de 7 na materia de Lingua inglesa nas cualificacións finais de 2.º de ESO.
  4. Estar empadroado no Concello de Vigo, con vixencia mínima dende o 01/01/2016 , dato que será comprobado de oficio pola propia administración.
  5. Non ter concedida, no ano 2016, outra axuda coa mesma finalidade.
  6. Ter DNI/NIE, permiso de residencia ou pasaporte en vigor cunha vixencia mínima de 6 meses.
    Deberán solicitar as prazas os representantes legais (pai e nai ou titor/a legal) dos alumnos e alumnas.

Para máis información nos seguintes enlaces: 

                             CONVOCATORIA ORDINARIA 3º ESO - 2016
BASES DA CONVOCATORIA 3º ESO (descargar documento) 
CONVOCATORIA 2º BACHARELATO

A convocatoria oferta para 2º BACHARELATO ata 150 prazas neste programa de inmersión lingüísitca en inglés, un 65% para centros públicos (100 prazas) e un 35% para centros privados (50 prazas).
REQUISITOS PARA ALUMNADO DE 2º BACHARELATO 

Os adxudicatarios da presente convocatoria serán os alumnos e alumnas, españois ou estranxeiros con tarxeta de residencia ou de estancia por estudos en vigor, de centros educativos do Concello de Vigo que cumpran os requisitos que a continuación se sinalan:

  1. Estar a cursar 2º de Bacharelato nun centro educativo do Concello de Vigo durante o curso académico 2015/2016
  2. Ter aprobadas todas as materias de 1º de Bacharelato.
  3. Ter obtido como mínimo unha nota de 6 na materia de Lingua inglesa nas cualificacións finais de 1º de Bacharelato.
  4. Estar empadroado no Concello de Vigo, con vixencia mínima dende o 01/01/2016 , dato que será comprobado de oficio pola propia administración.
  5. Non ter concedida, no ano 2016, outra axuda coa mesma finalidade.
  6. Ter DNI/NIE, permiso de residencia ou pasaporte en vigor cunha vixencia mínima de 6 meses.
    Deberán solicitar as prazas os representantes legais (pai e nai ou titor/a legal) dos alumnos e alumnas.

Para máis información seguintes enlaces: