domingo, 21 de mayo de 2017

RESUMO DATAS, INSTRUCIÓNS E CONSELLOS ACCESO Á UNIVERSIDADE 2017

   A continuación presentamos un resumo das datas máis importantes da proba de avaliación final de bacharelato (ABAU) de xuño 2017 e do proceso de solicitude de admisión e matrícula nos graos universitarios das universidades galegas. Tamén  están recollidas algunhas instrucións sobre a realización das probas e unha serie de consellos e recomendacións para a preparación e realización dos exames.

ACCESO Á UNIVERSIDADE

 É importante ter claro os diferentes procesos que deberemos realizar:

1.- En primeiro lugar temos a matrícula e a realización da ABAU (Proba de Avaliación final de Bacharelato para o Acceso á Universidade) - a selectividade propiamente dita - que é necesario aprobar na súa parte obrigatoria para solicitar posteriormente praza nun grao universitario e, una vez admitido o alumno/a, poderá matricularse no grao ou titulación universitaria oficial solicitada do sistema universitario español.
    .- Estrutura da proba ABAU.
    .- Sistema de cualificación e nota de admisión ABAU.  
    .- Presentación exemplo de cualificación e nota admisión ABAU.
    .- Parámetros de ponderación da parte voluntaria da ABAU 2017/18.
    .- Últimas notas de corte - Curso 2016/17 nas universidades galegas.
    .- Procedemento de reclamación e/ou segunda corrección das cualificacións da ABAU


2.- Unha vez aprobada a ABAU (selectividade), na convocatoria de xuño ou setembro, pódese realizar o procedemento de admisión - preinscrición - nas titulacións con límite de prazas no sistema universitario de Galicia - que funciona como un distrito único - ou noutra universidade española. Os alumnos/as que soliciten a admisión nunha titulación universitaria pública poderán ser admitidos ou non en función da nota de corte requirida, que dependerá do número de prazas ofertadas e do número de estudantes que solicitan ese grao universitario.  
    
3.- En último lugar, se un estudante resulta admitido/a para unha titulación determinada nunha universidade galega, ou noutra universidade española, deberá matricularse nos prazos establecidos según o procedemento de matrícula estipulado na universidade correspondente.

ACCESO AOS  CICLOS SUPERIORES DE F.P.

   Outra posibilidade é matricularse nun grao de formación profesional superior.  Independientemente de que se realice ou non a proba de acceso a universidade o alumando que teña aprobado o bacharelato ten acceso directo aos Ciclos Superiores de Formación Profesional.
    Para cursar un ciclo superior tamén é necesario solicitar a admisión nas datas establecidas nos centros de secundaria en que impartan estas ensinanzas.   Neste proceso de admisión a obtención de praza ou non do ciclo desexado dependerá tamén do número de prazas que se oferten e do número de persoas que estean interesadas no ciclo.  Cando exista máis demanda nun ciclo determinado que prazas ofertadas establécense uns criterios de selección.
    No seguinte enlace da Consellería de educación tedes toda a información do proceso de admisión nos Ciclos Superiores de FP: Admisión ciclos formativos de grao superior de FP.
    Para completar a información sobre todo o referido a Formación Profesional podedes consultar neste blog en: Ciclos Formación Profesional.          
=======================================

ABAU - AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA O ACCESO Á UNIVERSIDADE - XUÑO 2017 (Datas importantes)
PROCEDEMENTO ADMISIÓN E MATRÍCULA S.U.G. (Sistema Universitario Galicia)

23-26 de maio: Prematrícula ABAU na secretaría dos institutos. No IES do Castro centrarase a prematrícula o mércores  24 de maio de 9 a 14 horas. Entregarase ao alumnado un resgardo de matrícula co código de acceso á aplicación NERTA e as instrucións sobre a aplicación. Para realizar a matrícula será necesario recoller en secretaría o impreso de taxas de autoliquidación e facer o ingreso que corresponda nunha entidade bancaria. Tamén será necesario realizar o depósito do título de bacharel no momento de formalizar a matrícula das probas de selectividade ABAU.
2 de xuño: Consulta en NERTA da listaxe provisional de matriculados. Previamente, o 29 de maio, o alumnado deberá revisar no centro os datos contidos nas listaxes de matriculados por se é necesario interpoñer reclamación no caso dalgún erro.
7, 8, 9 de xuño: Realización das probas daABAU. O lugar para os alumnos/as do IES do Castro será na EU de Enxeñaría das Telecomunicacións (Comisión Delegada 21) no campus universitario As Lagoas S/N – Marcosende de Vigo. O horario dos exames podedes encontralo na WEB da CiUG no seguinte enlace:
12 de xuño: Comunicación, por correo electrónico, dos criterios específicos de avaliación de cada materia (nos LERD, Institutos e WEB da CiUG). Son moi importantes para unha posible reclamación ás notas das probas (exposición en internet).
16 de xuñoCualificacións provisionais da ABAU, difusión a través de Internet e exposición na CiUG das actas provisionais da ABAU (a partir das 20,00 horas) e envío polos responsables do soporte NERTA aos interesados, por correo electrónico, das cualificacións provisionais da ABAU.
17 a 20 xuño: Solicitudes de reclamación e segunda corrección das cualificacións da ABAU. No caso de desacordo con algunha nota deberás valorar a conveniencia de solicitar reclamación ou segunda corrección. No seguinte enlace da CiUG tedes unha explicación do proceso e das posibles consecuencias: http://ciug.gal/PDF/reclamacion17.pdf
20 xuño: Os LERD enviarán por correo aos centros de ensino secundario as Tarxetas de cualificación da ABAU.
22 xuño: fanse públicas as cualificacións despois da resolución das reclamacións e solicitudes de 2ª corrección (a partir das 13h.)
23 a 27 xuño: Solicitudes de reclamación á segunda corrección para o alumnado que non estea conforme coa cualificación.
29 xuño: Publícanse as cualificacións definitivas despois das reclamacións aos resultados da segunda corrección.
19 ao 30 xuñoSolicitude Ordinaria de Admisión (Preinscrición) para cursar ensinanzas universitarias oficiais de Grao no SUG (Sistema Universitario de Galicia). No seguinte enlace tedes a oferta de prazas en graos universitarios nas Universidades Galegas para o curso 2017/18: http://ciug.gal/PDF/triptico17.pdf
- Esta solicitude poderase facer a través da aplicación NERTA, non sendo preciso neste caso a entrega da mesma nos LERD (Lugares de Envío e Recollida de Documentación). É recomendable a aprendizaxe de uso do programa NERTA para facer as solicitudes anteriores: http://ciug.cesga.es/PDF/nertaalumnadoinstrucions.pdf
- No seguinte enlace da CiUG tes información sobre o proceso de admisión: http://ciug.gal/preins.php
11 xullo:  Preasignación de prazas para o primeiro prazo de matrícula. Publicación na CiUG e nos LERD das listaxes de admitidos e de espera. Exposición na Internet, ás 15.00 horas, das listaxes de admitidos e de espera do Primeiro Prazo de matrícula.  Envío polos responsables do NERTA aos interesados, por correo electrónico, do estado da súa matrícula.
1º PRAZO DE MATRÍCULA nas universidades galegas: do 12 ao 14 de xullo (ata 14.00 horas do día 14)
18 xullo:  Preasignación de prazas para o segundo prazo de matrícula.
2º PRAZO DE MATRÍCULA nas universidades galegas: do 19 ao 21 de xullo (ata 14.00 horas do día 21)
26 xullo:  Preasignación de prazas para o terceiro prazo de matrícula.
3º PRAZO DE MATRÍCULA nas universidades galegas: do 27 ao 31 de xullo (ata 14.00 horas do día 31)
1 setembro:  Preasignación de prazas para o cuarto prazo de matrícula.
4º PRAZO DE MATRÍCULA nas universidades galegas: do 4 ao 6 de setembro (ata 14.00 horas do día 6)
8 setembro:  Preasignación de prazas para o quinto prazo de matrícula.
5º PRAZO DE MATRÍCULA nas universidades galegas: do 11 ao 13 de setembro (ata 14.00 horas do día 6)
Procedemento de matrícula nas universidades galegas - CiUG: 
Lugares de matrícula das tres universidades galegas: http://ciug.cesga.es/lugares.php     

DOCUMENTACIÓN E MATERIAL QUE DEBES LEVAR Á PROBA
XERAL  .- DNI (Documento Nacional de Identidade) ou pasaporte.
                .- Pluma ou bolígrafo negro ou azul
ESPECÍFICA DALGUNHAS MATERIAS
* Para Matemáticas e Física deberán levar calculadora non programable.
As táboas necesarias para resolver problemas (Matemáticas, Química) serán entregadas polo tribunal cos exames, se fosen necesarias.
* Para Latín e Grego levarán dicionario.
* Para o exame de Debuxo Técnico deberán levar o material axeitado para realizar as probas
.- Lapis ou portaminas (2H e 2B), goma, escuadra/cartabón – regra, transportador de ángulos, compás (podes levar varias minas de compás preparadas). Ademais convén levar lixa para afiar, celo para fixar o papel e debuxar mellor.
Non se pode compartir o material durante os exames, tampouco o típex. 

INSTRUCIÓNS PARA A REALIZACIÓN DOS EXAMES DA ABAU 2017 - PROBLEMAS OU DÚBIDAS
.- Aos lugares de realización dos exames da ABAU non está permitida a asistencia con teléfonos móbiles nin outros dispositivos electrónicos, excepto as calculadoras non programables mencionadas. O incumprimento desta norma poderá ser motivo de medida disciplinaria.
.- Todos os alumnos/as deberán acudir a presentación o primeiro día ás 9:00 horas e logo presentarse á realización dos exercicios á hora convocada para cada un deles. (Ver o enlace dos horarios concretos de cada exame no páxina anterior)
.- No momento da presentación, o tribunal asignaralle un posto de exame a cada alumno/a, que deberá ocupar en todas as probas.
.- Ao empezar as probas, o alumnado recibirá un xogo de adhesivos de código de barras que os identifica. Estes adhesivos non deben dobrarse nin modificarse de ningún xeito. Recoméndaselle tamén que non deixen os adhesivos nas aulas nin ao alcance de persoas estrañas.
.- Os exames son anónimos e non poden asinarse nin deberán presentar marcas de ningún tipo que poidan permitir unha eventual identificación persoal.
.- Ao empezar cada unha das probas se entrega a cada estudante un caderno de exame formados por dúas follas A-3 (8 páxinas de tamaño A-4) e unha cabeceira adhesiva. O alumnado pode utilizar para redactar as respostas todas as páxinas agás a primeira. Non se poderán arrincar nin engadir follas.
.- O acceso ao aula de exame implica sempre a entrega obrigatoria do caderno de exame debidamente etiquetado, aínda que se deixase en branco. Os exames deberán entregárselle a un membro do Tribunal, esperando que este comprobe que se lle entrega no número e condicións debidas. En ningún caso se deixarán os exames enriba das mesas.

DÚBIDAS E IMPREVISTOS
Se por causa excepcional chegas tarde o primeiro día ou a algún exame, se perdes a documentación ou tes algún incidencia cos adhesivos de código de barras ponte e contacto co profesor/a do centro que vos acompañe ou co vixiante do Tribunal para comunicarlles o teu problema .

RECOMENDACIÓNS E CONSELLOS PARA A PREPARACIÓN E REALIZACIÓN DA PROBA DE SELECTIVIDADE
Antes da proba:
.- O día antes da proba o mellor que podes facer é desconectar realizando actividades lúdicas ou de lecer (ir á praia, ao cine, facer deporte ou pasear...).
.- Debes deitarte a unha hora prudente na véspera (a habitual) para chegar á proba descansado/a.
.- O día anterior deixa lista e preparada a documentación e o material necesario para realizar o exame.
.- Planifica a preparación da selectividade con tempo e non intentes estudar apresuradamente no último momento.
.- Procura chegar ao lugar do exame con certa antelación. Deberás ser puntual, e no caso de xurda algunha incidencia allea a túa vontade, segue as recomendacións do apartado anterior.
Durante a proba:
.- Le sen presas as dúas probas que che propoñen en cada exame e avalía tranquilamente cal podes facer mellor. O tempo que aparentemente perdes serve para que te tranquilices evitando cambios de opción posteriores que che farán perder aínda máis tempo.
.- Le ben as instrucións que vos dan para realizar as probas.
.- Le ben as preguntas ou demandas para comprender exactamente o que che piden.
.- É recomendable comezar o exame por aquelas preguntas e cuestións que mellor sabes.
.- Se tes algunha dúbida pregunta aos profesores/as presentes. Ademais de vixiar están tamén para axudarte.
.- Vixía as expresións e procura que sexan claras e coherentes cando respondas, organizando mentalmente ou mediante un esquema as ideas e conceptos que queres explicar.
.- Procura escribir con letra clara e lexible para o examinador e pon atención na ortografía, na sintaxe, no vocabulario...
.- Distribúe o tempo do exame calculando o que che pode levar cada exercicio e no te esquezas de deixar uns minutos ao final para repasar as túas respostas.
.- Se non te chega o tempo para realizar algún exercicio, deixa anotado un esquema para que o examinador comprobe que a sabías.
                              
WEBS E ENLACES DE CONSULTA:
                * Páxina WEB da CIUG: http://ciug.cesga.es/index.html
                * Calendario xeral ABAU 2017: http://ciug.gal/PDF/calendpabau2017n.pdf          
                * Convocatoria matrícula selectividade xuño 2017: http://ciug.gal/PDF/convabau17.pdf
                Para ampliar a información podedes consultar as últimas entradas publicadas no blog de orientación do Castro referidas á selectividade (ABAU): http://orientacastro.blogspot.com.es (etiquetas: selectividade e universidade)


viernes, 12 de mayo de 2017

ABAU - PROBA AVALIACIÓN BACHARELATO PARA O ACCESO Á UNIVERSIDADE - CONVOCATORIA XUÑO 2017

    
    O 10 de maio de 2017 a CiUG (Comisión interuniversitaria de Galicia) publicou na súa páxina WEB - CiUG - a convocatoria de matrícula na proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (convocatoria ordinaria de xuño 2017).

     A continuación tedes o enlace co documento completo con toda a información:


DATAS DA PROBA XUÑO  
Convocatoria de xuño: días 7, 8 e 9  
Convocatoria de setembro: días  12, 13 e 14 

HORARIO DA ABAU

    O próximo 22 de maio, ás 12 horas, convócase a todo o alumnado de 2º bacharelato no salón de actos do instituto para unha reunión informativa sobre a proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade 2017

miércoles, 5 de abril de 2017

ABAU - AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA O ACCESO Á UNIVERSIDADE - Actualización


  Nesta WEB tedes toda a información sobre a ABAU en Galicia.


CALENDARIO XERAL ABAU 2017 E ACCESO CURSO 2017/18
    A CiUG - Comisión Interuniversitaria de Galicia - publicou na súa WEB o CALENDARIO XERAL da nova ABAU (Proba de Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade) 2017.  
    Este calendario fixa  as datas de realización da proba de avaliación de bacharelato (ABAU).  Tamén determina as datas dos procesos de solicitude e admisión (preinscripción) nos graos universitarios e matrícula nas universidades galegas para o curso 2017/18. 
    
As datas de realización da ABAU (fase obrigatoria e voluntaria) serán:

.- Na convocatoria de xuño:              7, 8 e 9 de xuño
.- Na convocatoria de setembro:     12, 13 e 14 de setembro


Publicada no Diario Oficial de Galicia coas intruccións para a realización, dentro deste curso 2016/17, da avaliación de bacharelato para o acceso á Universidade (ABAU) no curso 2017/18.

          .- ESTRUTURA DA PROBA

          .- SISTEMA DE CUALIFICACIÓN

          .- MATRÍCULA 2017 NA ABAU

          .- CONVOCATORIAS E CALENDARIO

PARÁMETROS DE PONDERACIÓN ABAU 2017 da fase voluntaria da ABAU.


NOTAS DE CORTE GALICIA 2016/17
Estas son as notas de corte dos alumnos e alumnas que accederon á universidade en Galicia o ano pasado e están cursando primeiro curso dun grao universitario. Poden servirnos de referencia para este curso.

=======================================
NOTA: O acceso a toda esta información esta recollida e organizada coas actualizacións pertinentes na pestana - SELECTIVIDADE - na columna de enlaces, na esquerda deste BLOG:

miércoles, 22 de marzo de 2017

CALENDARIO XERAL ABAU 2017 (Proba avaliación bacharelato para o acceso á Universidade)

ÚLTIMA HORA: PUBLICADA 27 de marzo no D.O.G. A RESOLUCIÓN COAS INSTRUCCIÓNS PARA A REALIZACIÓN DA PROBA DE AVALIACIÓN DE BACHARELATO. VER ENLACE NESTA PÁXINA



   A CiUG - Comisión Interuniversitaria de Galicia - publicou na súa WEB o CALENDARIO XERAL da nova ABAU (Proba de Avalaición de Bacharelato para o Acceso á Universidade) 2017 e dos procesos de solicitude e admisión (preinscripción)  e matrícula nas universidades galegas no curso 2017/18. No seguinte enlace podedes consultar ou descargar o documento:

    As datas de realización da PAU (fase obrigatoria e voluntaria) serán:


.- Na convocatoria de xuño:              7, 8 e 9 de xuño
           .- Na convocatoria de setembro:     12, 13 e 14 de setembro

  A continuación tedes algúns enlaces coa páxina WEB da CiUG (Comisión interuniversitaria galega) con información relevante sobre a ABAU: 

Publicada no Diario Oficial de Galicia coas intruccións para a realización, dentro deste curso 2016/17, da avalaición de bacharelato para o acceso á Universidade (ABAU) no curso 2017.

          .- ESTRUTURA DA PROBA

          .- SISTEMA DE CUALIFICACIÓN

          .- MATRÍCULA 2017 NA ABAU

          .- CONVOCATORIAS E CALENDARIO

PARÁMETROS DE PONDERACIÓN ABAU 2017 da fase voluntaria da ABAU.

NOTAS DE CORTE GALICIA 2016/17
Estas son as notas de corte dos alumnos e alumnas que accederon á universidade en Galicia o ano pasado e están cursando primeiro curso dun grao universitario. Poden servirnos de referencia para este curso.


=======================================
NOTA: O acceso a toda esta información esta recollida e organizada coas actualizacións pertinentes na pestana - SELECTIVIDADE - na columna de enlaces, na esquerda deste BLOG:

lunes, 20 de marzo de 2017

CONVOCATORIA PROBAS FÍSICAS ADMISIÓN GRAO DE CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DEPORTE - UNIVERSIDADE DE VIGO (Campus Pontevedra) - CURSO 2017-18

     
Video Demostrativo das Probas Físicas de Acceso ao Grao en CCAFD de Pontevedra

     Para acceder ao Grao de Actividades Físicas e Deporte que se imparte na Universidade de Vigo (campus de Pontevedra) - ou na Universidade da Coruña (INEF) - ademais de aprobar a selectividade, é necesario superar unhas probas físicas de aptitude.

    Na WEB da Facultade de Ciencias de Educación e do Deporte xa están publicadas as datas de solicitude e do día da proba:



PROBA MAIO-XUÑO 2017
          - Presentación de solicitudes do 10 de marzo ao 20 de abril de 2016.
          - Realización das probas físicas:
                                       .- 1ª data: 25 de maio de 2017        
                                       .- 2ª data: 22 de xuño de 2017

PROBA SETEMBRO 2017
        Soamente se convocará non se cubren todas as prazas en xuño          
        .- Presentación de solicitudes do 1 ao 6 de setembro de 2017.
                         
  A superación destas probas coa cualificación de apto terá validez para acceder no curso 2017/18. Tamén se conservará para o curso seguinte 2018/19.    
                               
   Nos enlaces seguintes tedes toda a información para consultala ou descargala: convocatoria, regulamento das probas, modelos de solicitude e procedemento de pago.

ENLACE WEB DA UNIVERSIDADE DE VIGO ACTIVIDADES FÍSICAS E DEPORTE

.- Convocatoria Probas de Aptitude para o acceso ao Grao en Actividade Física e do Deporte - 2017/18


.- Reglamento Pruebas Aptitud Física en Castelán


.- Regulamento Probas Aptitude Fisica en Galego


.- MODELO_DE_SOLICITUD_EN_CASTELLANO


.- MODELO_DE_SOLICITUDE_EN_GALEGO


.- Procedemento_pago


NOTA: para calquera dúbida ou para obter máis información poñédevos en contacto co orientador. 

CONVOCATORIA PROBAS FÍSICAS ADMISIÓN NO GRAO DE CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DEPORTE NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA - CURSO 2016-17


    Para acceder ao Grao en Ciencias da Actividade Física e Deporte que se imparte tanto na Universidade de Vigo (campus de Pontevedra) como na Universidade da Coruña (INEF), ademais de aprobar a selectividade, é necesario superar unhas probas de avaliación de aptitudes motrices.

    A Facultade de Ciencias do Deporte e da Educación Física da Universidade da Coruña xa ten aberta a inscrición para ditas probas. Na WEB da facultade xa está publicada a convocatoria das probas para este ano con toda a información sobre as mesmas. A continuación se recollen as datas de realización das probas e os prazos para facer a  solicitude e inscribirse nas mesmas:

Datas das probas:

* 22 de abril de 2017 - 1ª data - (prazo de inscripción para a realización das probas: do 6 de marzo ao 31 de marzo inclusive)

* 20 de xuño de 2017 2ª data -  (prazo de inscripción para a realización das probas: do 9 de maio ao 31 de marzo inclusive)

    A superación destas probas coa cualificación de apto terá validez para acceder no curso 2017/18. Tamén se conservará para os dous cursos seguintes 2018/19 e 2019/20.

.- WEB para realizar a solicitude de de inscrición on line coa documentación a presentar.
    Na PÁXINA WEB da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña, ademais doutra información sobre este grao, podedes acceder a vídeos sobre as probas específicas de acceso.

NOTA: se hai algunha dúbida ou se necesita máis información sobre a inscrición e a realización das probas poñerse en contacto co orientador.

lunes, 6 de marzo de 2017

INSTRUCIÓNS PARA A REALIZACIÓN DA PROBA DE AVALIACIÓN FINAL DE BACHARELATO PARA O ACCESO Á UNVERSIDADE 2017


    A Consellería de Educación na súa páxina WEB, e tamén a CiUG (Comisión interuniversitaria de Galicia), acaban de publicar o borrador coas instrucións para a realización, dentro do curso 2016/17 (convocatorias de xuño e setembro), da avaliación final de bacharelato (ABAU) para o acceso á universidade no curso 2017/18.
    
    Este documento está en trámite para a súa publicación no DOG (Diario Oficial de Galicia). A continuación tedes o enlace para descargalo.

 AVALIACIÓN DE BACHARELATO 2017 PARA ACCESO AÁ UNIVERSIDADE

domingo, 5 de marzo de 2017

PROGRAMA DE BECAS VIGO EN INGLÉS 3º ESO - CONVOCATORIA 2017


     O Concello de Vigo acaba de convocar a oferta de becas de inglés no estranxeiro para estudantes de 3º de ESO de Vigo, un programa municipal de inmersión en lingua inglesa denominado: VIGO EN INGLÉS.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES 
    O prazo de presentación de solicitudes no rexistro xeral do Concello de Vigo (Praza do Rei s/n 36202 Vigo) será do 3 de marzo ao 15 de marzo de 2017, ambos inclusive.

CONVOCATORIA
    
    A convocatoria deste programa de inmersión lingüísitca en inglés oferta ata 657 prazas para alumnado de 3º ESO357 para centros públicos e 300 para centros privados concertados.   

    O progama vai dirixido a estudantes de 3º da ESO. Desenvólvese no mes de setembro e consiste nunha estadía de 3 semanas nun país de fala inglesa. Durante este tempo, os rapaces asisten a un centro escolar, coma calquer outro estudiante local.


Requisitos

     Os adxudicatarios da presente convocatoria serán os alumnos e alumnas, españois ou estranxeiros con tarxeta de residencia ou de estancia por estudos en vigor, de centros educativos do Concello de Vigo sostidos con fondos públicos que cumpran os requisitos que a continuación se sinalan:
  1. Estar a cursar 3.º da ESO nun centro educativo sostido con fondos públicos do Concello de Vigo durante o curso académico 2016/2017
  2. Ter aprobadas todas as materias de 2.º de ESO.
  3. Ter obtido como mínimo unha nota de 7 na materia de Lingua inglesa nas cualificacións finais de 2.º de ESO.
  4. Estar empadroado no Concello de Vigo, con vixencia mínima dende o 01/01/2016 , dato que será comprobado de oficio pola propia administración.
  5. Non ter concedida, no ano 2017, outra axuda coa mesma finalidade.
  6. Ter DNI/NIE, permiso de residencia ou pasaporte en vigor cunha vixencia mínima de 6 meses.

Deberán solicitar as prazas os representantes legais (pai e nai ou titor/a legal) dos alumnos e alumnas.

    Para completar a información podedes consultar os seguintes enlaces da propia WEB do programa:
                                                    
                                                                    ·         Requisitos
                                                                    ·         Documentación
                                                                    ·         Cómo participar
                                                                    ·         Bases
                                                                    ·         Anexos
                                                                 
       No enlace seguinte podedes descargar o documento completo coas bases da convocatoria: